XIV Journée Realiter
Il est possible de suivre les travaux de la XIV Journée scientifique Realiter sur la chaîne Dailymotion du Ministère de la Culture français (http://dai.ly/x6mu306).

Plurilingüismo

Proposta Realiter

17 de novembro de 2012 

 

1. Un dos obxectivos de REALITER é a promoción da terminoloxía nas linguas neolatinas.

2. Debido a razóns de globalización e de validación internacional dos produtos da investigación científica, a situación xeolingüística e sociolingüística actual acentúa o monolingüísmo desta investigación que se expresa en inglés, lingua franca.

3. Os membros de Realiter, reunidos o 17 de novembro de 2012 en Asemblea Xeral en Milán:

- conscientes da distinción no proceso de investigación do produto desta investigación,

- sabedores de que a ciencia debe de ser útil e estar socialmente lexitimada, e que isto non se pode facer máis que por medio das linguas,

a. subliñan a necesidade de manter o estudo e a creación de terminoloxía en todas as linguas, as únicas garantías e as únicas testemuñas das diferentes conceptualizacións e da riqueza dos diferentes enfoques dos obxectos científicos e técnicos;

b. alentan a promoción da diversidade lingüística en todos os eidos, é dicir, o ensino, as relacións coa sociedade, a investigación e a publicación dos resultados nas linguas neolatinas.