XIV Journée Realiter
Il est possible de suivre les travaux de la XIV Journée scientifique Realiter sur la chaîne Dailymotion du Ministère de la Culture français (http://dai.ly/x6mu306).

Presentación

¿Que é Realiter ?

Realiter é unha rede panlatina de terminoloxía que agrupa a persoas, institucións e organismos de paísese de linguas neolatinas que traballan activamente en terminoloxía.

Obxectivo xeral

Favorecer un desenvolvemento armónico das linguas neolatinas, tendo en conta a súa orixe común e o feito de que tódalas linguas romances presentan modos de formación léxica próximos entre elas, e que utilizan formantes semellantes.

Obxectivos específicos

  1. Establecer principios metodolóxicos comúns aplicables á realización dos productos elaborados conxuntamente.
  2. Levar a cabo traballos en común e crear ferramentas susceptibles de servir para o desenvolvemento das linguas neolatinas.
  3. Realizar traballos terminolóxicos conxuntos multilingües nos ámbitos de interese común para a sociedade.
  4. Poñer en común os materiais de referencia documentais.
  5. Favorece-la formación recíproca por medio dos intercambios de formadores, de expertos, de estudiantes e de material didáctico.

Estructura

A Rede Panlatina de Terminoloxía componse dunha Asemblea, un Comité, unha Secretaría ademais de varios Grupos de traballo encargados de levar a cabo os proxectos conxuntos.

Asemblea, que agrupa a tódolos membros da Rede, nomea á Secretaría e elixe ós membros do Comité. Convocada periodicamente en reunión plenaria, pode verse levada a tomar decisións en calquera momento, a petición do Comité, dado o seu papel consultivo no seo da Rede.

Comité está integrado por, alomenos, un membro de cada grupo lingüístico intracontinental (catalán, galego, italiano e romanés) e dous membros de cada grupo lingüístico intercontinental (español, francés e portugués), entre os que se elixe ó Secretario Xeral. A constitución do Comité permite tomar en conta as outras redes latinas de terminoloxía representadas dentrod de Realiter. Cada membro do Comité comprométese a estar presente nas reunións, e é a nivel deste que se toman a maioría das decisións da Rede.

Actualmente os membros do Comité son os seguintes :

  • lingua catalana : Marta de Blas, Universitat Politècnica de Catalunya
  • lingua española : Joaquín García Palacios, Universidad de Salamanca ; María Pozzi, El Colegio de México ; Estela Lalanne De Servente, Colegio de Traductores Públicos de la Ciudad de Buenos Aires
  • lingua francesa : Loïc Depecker, Université de Paris III ; Xavier Darras, Office québécois de la langue française
  • lingua galega : Manuel Nuñez Singala, Universidad de Santiago de Compostela
  • lingua italiana : Maria Teresa Zanola, Università Cattolica del Sacro Cuore di Milano
  • lingua portuguesa : Manuel Célio Conceição, Univ. do Algarve, Faculdade de Ciências Humanas e Sociais ; Marta da Graça Krieger, Universidade do Vale dos Sinos
  • llengua romanesa : Corina Lascu Cilianu, Academia de Studii Economice din Bucureşti

Secretaría admininstrativa estará en mans da Unión Latina sempre e cando a Rede siga confiándolle esta función e na medida en que a Unión Latina se considere en condicións de asumila. Tras o peche da Unión Latina a finais de xullo de 2012, a Secretaría cambia a súa sede. Segundo o artigo 2 do Regulamento – “A sede da Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter) é a da súa Secretaría” – ; a partir do día 1 de agosto de 2012 a nova sede de Realiter estará na Universidade Católica do Sagrado Corazón, en Milán, Italia. A Secretaría é o órgano executivo da Rede. Desempeña principalmente funcións de coordinación e tesourería, organiza reunións e eventos especiais, ademais de garanti-la circulación da información entre os membros da Rede. Actúa baixo a responsabilidade do Secretario xeral, que ten como papel principal a representación da Rede.

Secretaria Xeral actual : Maria Teresa Zanola

A estructura da Rede abarca, por último, os grupos de traballo, que levan adiante os distintos proxectos. Cada grupo depende dun coordinador, que ten a responsabilidade de conduci-la actividade do grupo.