Inventario de produtores de terminoloxía
Que é Realiter?
Realiter é a Rede panlatina de terminoloxía. Nela participan persoas, institución e organismos de países de linguas neolatinas activos no eido da terminoloxía. Os traballos de Realiter inclúen as linguas seguintes: o catalán, o español, o francés, o galego, o italiano, o portugués e o romanés.
Obxectivos
A rede Realiter ten como obxectivo xeral favorecer o desenvolvemento harmónico das linguas latinas, dada a súa orixe común e o feito de que todas elas recorren a modos de formación léxica comúns e usan formantes similares. Máis en concreto, a nosa rede fixou os seguintes obxectivos específicos:
- Establecer principios metodolóxicos comúns aplicables aos produtos elaborados conxuntamente
- Impulsar investigacións en común e crear ferramentas susceptibles de favorecer o desenvolvemento das linguas latinas
- Pular pola realización de traballos terminolóxicos multilingües conxuntos en eidos de interese social común
- Poñer en común os materiais documentais de referencia
- Favorecer a formación recíproca a través do intercambio de formadores, de expertos, de estudantes e de materiais didácticos
Co fin de levar a bo termo os seus traballos terminolóxicos en colaboración e para dar a coñecer os recursos terminolóxicos existentes, Realiter desexa darlle difusión a un directorio de produtores de terminoloxía nas linguas mencionadas arriba.
Para isto, convidámolo a responder ao cuestionar por abaixo: