Actividades

- Os diferentes traballos que foron realizados son os seguintes:

    • Taula de formants cultes
Esta publicación, realizada baixo a coordinación de María Teresa Cabré (Institut Universitari de Lingüística Aplicada, Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, España), presenta unha selección de informacións sobre a aplicacióninformática multilingüe. En 1998 publicouse unha versión en papel, acompañada dun disquete que contén a versión completa multilingüe da Taula Panllatina de Formants Cultes en formato HTML. Existe tamén unha versión electrónica.
Coordinado por María Teresa Lino e María Rute Costa (Universidade Nova de Lisboa, Portugal) e publicado en 1999, este léxico de 409 entradas presenta os principais termos do sector do medio en portugués, catalán, español, francés, italiano, romeno e inglés. Foron tratadas tamén as variantes xeográficas do portugués de Portugal e de Brasil e do romeno de Romania e da República de Moldavia. Esta obra inclúe índices alfabéticos para cada unha das linguas tratadas, o que facilita a busca dos termos.
A elaboración deste léxico estivo a cargo de Loïc Depecker (Université de la Sorbonne Nouvelle - Paris III, Francia) e ten por obxectivo amosa-la adaptación das linguas latinas ás novas tecnoloxías e de poñer de relevo o parentesco recíproco entre elas. Comprende 130 conceptos, seleccionados en función do nivel de xeneralidade e de representación dos termos de base da informática. Unha versión en papel foi publicada en 1997, o que constitúe un compendio do Dictionnaire panlatin de l’informatique que pode ser consultado en Internet.
Baixo la coordinación de Bureau de la traduction, Travaux publics et Services gouvernementaux-Canadá, este léxico de 300 entradas agrupa os principais conceptos da Internet. Inclúe as linguas seguintes: francés, español, portugués, italiano, romeno, catalán, e galego. Publicado en 2001, este proxecto implica un traballo permanente de actualización, e poder responder deste xeito á evolución terminolóxica do sector tratado.
Proxecto coordinado polo Bureau de la traduction, Travaux publics et Services gouvernementaux Canada, que abrangue 300 entradas nas linguas seguintes: catalán, español, francés, galego, italiano, portugués e romanés, co inglés como referencia. Este léxico trata a terminoloxía de varios subdominios: transaccións, marketing, seguridade, criptografía, comunicacións, produtos e servizos para as persoas e as empresas, protección do consumidor, así como tecnoloxías da información. Trátase dunha ferramenta de referencia privilexiada para os internautas do mundo latino. Publicado en 2004.
Publicación das unidades neolóxicas da área de economía documentadas na prensa das diferentes linguas románicas. Este proxecto, levado a caboa baixo a coordinación do Observatori di neologia del Institut Universitari de Lingüística Aplicada (UPF), ten como obexectivos: en primeiro lugar, a detección, a selección e a descrición dos neoloxísmos económicos que aparecen na sección de economía da prensa, para cada unha das linguas románicas. En segundo lugar, o contraste para a harmonización dos neoloxismos documentados no uso para as diferentes linguas. Publicado en 2006.
O obxectivo deste proxecto é a constitución dunha base de datos multilingües (inglés e tódalas demais linguas románicas), sobre o vocabulario básico da terminoloxía relacionada co proxecto do Xenoma Humano. O proxecto foi realizado baixo a coordinación do Grupo de Terminoloxía (IULATERM) do Institut Universitari de Lingüística Aplicada (Universitat Pompeu Fabra). Publicado en Internet e en papel en 2006.
Este proxecto, coordinado por Giovanni Adamo (Consiglio Nazionale delle Ricerce, Rome, Italie), sitúase dentro do marco do desenvolvemento social da terminoloxía e da actualidade no ámbito da medicina. O Vocabulario de Hemodinámica comprende 244 termos. A lingua de orixe é o italiano e serán tratadas as demais linguas da Rede. Publicado en papel e difundido en Internet en 2006.
Este léxico, que conta con máis de 300 termos en francés e inglés, relativos ao sector da bioética, está coordinado por Gabriel Huard, Bureau de la traduction, Travaux publics et Services gouvernementaux Canada. Foi editado en Internet en 2007.
Elaboración dun léxico de 321 nocións relativas ao eido da xeomática, disciplina que ten por obxecto a xestión dos datos xeográficos e que se serve das ciencias e as tecnoloxías dedicadas á súa adquisición, almacenamento, tratamento e difusión. A xeomática asóciase principalmente a disciplinas como a topometría, a cartografía, a xeodesia, a fotogrametría , a teledetección e a informática. Este léxico foi publicado en 2007 en catalán, español, francés, galego, italiano, e portugués, acompañado do inglés. Este proxecto foi coordinado por Tina Célestin (Office québécois de la langue française).
Elaboración dun léxico de 300 termos que trata principalmente da terminoloxía dos tipos de carros elevadores industriais, manuais e motorizados, equipamentos, pezas dos carros, rodas e demais elementos. Este léxico foi publicado en 2007 en catalán, español, francés, galego, italiano, portugués e romanés, acompañado do inglés. Este proxecto foi coordinado por Tina Célestin (Office québécois de la langue française).
O obxectivo deste proxecto, coordinado por Enilde Faulstich, Lexterm, Brésil, é a elaboración dun glosario de termos específicos do sector do cultivo e melloramento xenético das plantas. A lingua de orixe é o portugués do Brasil. Este glosario comprende 249 termos e os seus equivalentes nas outras linguas de traballo de Realiter. O proxecto conta coa participación dos estudiantes da Universidade de Brasilia e do sector local empresarial.
Elaboración dun léxico de 160 conceptos relativos ao ámbito da nanotecnoloxía, un campo de estudo multidisciplinar. A nanotecnoloxía aborda principalmente a fabricación de estruturas moleculares cun tamaño mínimo entre 1 e 100 nanómetros. Neste léxico inclúense termos que designan as técnicas, os instrumentos e as unidades de medida que se utilizan para estudar e para fabricar entidades de tamaño nanométrico. De xeito xeral, os termos desta nomenclatura están vinculados no seu conxunto coa física, coa química, coa bioloxía, coa electrónica e mais coa informática.
A gripe aviaria é un tema que ocupa a miúdo titulares de actualidade e un fenómeno novo sobre o que xorden preguntas. Este pequeno vocabulario reúne 72 conceptos relativos á gripe aviaria e á pandemia, con definicións en francés. Os temas pertencen aos seguintes eidos: medicina, bioloxía, farmacoloxía e seguridade. O conxunto terminolóxico inglés-francés é accesible actualmente no sitio Web do Office (www.oqlf.gouv.qc.ca) na sección de Léxicos e vocabularios, en versión PDF.
Elaboración dun léxico de 172 conceptos relativos principalmente ao campo da edición, da imprenta, do comercio e da publicidade.
A difusión de libros constitúe un conxunto de actividades ligadas á promoción e á comercialización de libros entre as que se inclúen os estudos de mercado, a representación de editores, a publicidade nos medios de comunicación, a promoción de vendas, etc. A distribución de libros agrupa ao seu redor actividades loxísticas orientadas a encamiñar os libros cara aos seus lugares de venda.
Desde hai uns anos os efectos do cambios climático fanse sentir cada vez máis sobre todo o planeta. Os gobernos son conscientes da necesidade non só de estudar o fenómeno, que é ineludible tema de actualidade, senón de lle poñer remedio. De aí a importancia de tratar os diversos aspectos do cambio climático: mecanismos, axentes, consecuencias, elementos científicos, medidas e análises e tamén estratexias para frealo. Este proxecto, coordinado polo Bureau de la traduction do goberno de Canadá, conta cunha nomenclatura de base dunhas 300 entradas nas linguas seguintes: catalán, español de América, español de Europa, francés de América, francés de Europa, galego, italiano, portugués de América, portugués de Europa e romanés, co inglés como lingua de referencia.
Este dicionario recolle 87 termos, procedentes da Norma ISO 9000:2005, Quality management systems. Fundamentals and vocabulary. Cada termo presenta as denominacións equivalentes en sete linguas románicas (catalán, castelán, francés, galego, italiano, portugués e romanés), cos seus indicadores de categoría gramatical correspondentes. Tamén en inglés. O dicionario elaborouse no marco da Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter), creada por iniciativa da Unión Latina, que ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento das linguas románicas. A coordinación do proxecto recaeu no TERMCAT, que facilitou a nomenclatura de partida en catalán, castelán, francés e inglés.
PProxecto coordinado por I. M. Alves, Universidade de São Paulo. Glosario de arredor de 300 termos relativos aos principais subdominios da intelixencia artificial, en todas as linguas da rede, destinado aos usuarios deste sector.

- Os diferentes traballos en curso son os seguintes:

    • Vocabulari multilingüe de la sida
Este léxico reunirá uns 500 termos nas diversas linguas de traballo de Realiter, relativos á infección por VIH e a sida que se utilizan habitualmente no eido asistencial. Conterá termos relacionados coas características biolóxicas do VIH, con aspectos epidemiolóxicos e clínicos da infección por VIH e o sida ou co tratamento da enfermidade. Os destinatarios da obra son tanto os profesionais e estudantes de medicina -especialmente os que traballan no eido asistencial- como os medidadores lingüísticos (xornalistas, tradutores ou correctores) aos que lles cómpre unha ferramenta de consulta para redactaren, traduciren ou corrixiren textos que conteñen terminoloxía médica relacionada con mundo do VIH e a sida.
    • Terminoloxía dos contratos de comercio internacionais
Isabel Desmet, Maître de Conférences no Departamente de Portugués da Universidade París 8 e directora do CERTAL (Centro de recursos e de investigación en tecnoloxías de aprendizaxe das linguas) do UFR 5 (Linguas, Literaturas e Culturas Estranxeiras e Linguas Estranxeiras Aplicadas) é a encargada da coordinación deste proxecto. As linguas de traballo son o portugués de Portugal e o francés de Francia. Contará con equivalentes nas outras linguas: romanés, inglés e francés do Canadá, portugués do Brasil, galego, español de España e catalán e español de México. O obxectivo deste proxecto é constituír unha base de datos multilingüe destinada a un público de profesores e de estudantes no eido de linguas de especialidade, en particular, no do comercio internacional, da tradución e da redacción técnica.
    • Léxico panlatino de termos de oficina
Na oficina, como na casa, manipulamos obxectos miúdos que so útiles no día a día, pero ás veces descoñecemos os seus nomes. Este vocabulario dos obxectos de oficina trata 47 conceptos de base, en ocasións ilustrados, e sempre con definición en francés. O conxunto terminolóxico francés-inglés é accesible actualmente no sitio Web do Office québécois de la langue française (www.oqlf.gouv.qc.ca) na sección de Léxicos e vocabularios, en versión PDF.
    • Léxico panlatino da enerxía eólica
Desde hai xa uns anos a enerxía eólica é unha enerxía renovable que suscita cada vez máis interese como enerxía alternativa ás xa existentes. Os gobernos impulsan, ás veces conxuntamente coa empresa privada, para a creación de vastos parques eólicos co fin de aproveitar esta fonte de enerxía que é o vento. De aí a importancia de tratar os diversos aspectos da enerxía eólica: aerodinámica, enxeñería mecánica, enxeñería eléctrica, tipos de xeradores e os seus compoñentes, infraestruturas, transformación da enerxía, meteoroloxía, estados da atmosfera, electricidade e enerxía eléctrica, ordenación do territorio, ambiente. Este léxico, coordinado polo Bureau de la traduction do goberno de Canadá, conta cunha nomenclatura de base dunhas 300 entradas nas linguas seguintes: catalán, español de América, español de Europa, francés de América, francés de Europa, galego, italiano, portugués de América, portugués de Europa e romanés, co inglés como lingua de referencia. Estará rematado en 2011, e será accesible en Internet (nos sitios do Bureau de la traduction e de Realiter).
    • Terminologia marketingului economic
    • Lessico panlatino dei sistemi fotovoltaici
    • Vocabulaire panlatin du vélo
    • Vocabulaire panlatin des nanotechnologies 2
    • Vocabulaire panlatin des pneumopathies professionnelles
    • Vocabulaire panlatin de la téléphonie mobile
    • Vocabular panlatin de fiscalitate

- Participación de Realiter en otras redes o asociaciones

Realiter forma parte do Comité CT 37 del ISO con vistas a reforza-la presencia das linguas latinas dentro desta organización. María Pozzi, representa á Red nas reunións deste Comité.