Actualidade

A XVIII Xornada Científica REALITER e o XXXII Coloquio Ass.I.Term “Os proxectos de investigación en terminoloxía: dinámica e resultados” (6 e 7 de octubre 2022, Alma Mater Studiorum-Università di Bologna) pretenden presentar aos colegas, aos doutorandos, aos estudantes e a toda a comunidade científica das linguas románicas a dinámica da investigación terminolóxica actual impulsada por estas fontes de financiamento que estea en marcha, recentemente concluída ou en espera de avaliación.

A XVIII Xornada Científica REALITER e o XXXII Coloquio Ass.I.Term procuran acoller as reflexións con maior impacto verbo das investigacións actuais no eido da terminoloxía teórica e aplicada.

Llamado REALITER 2022_GL

As propostas de comunicación (arredor de 400 palabras), redactadas nalgunha das linguas oficiais da Rede (catalán, español, francés, galego, italiano, portugués, romanés) enviaranse á Secretaría de REALITER (realiter@unicatt.it) e á Secretaría de Ass.I.Term (info@assiterm91.it) en formato .doc ata o 15 de maio de 2022. O arquivo .doc só debe conter o título e a proposta de relatorio e nel non deberá estar presente ningún outro elemento que poida identificar a autoría. Na mensaxe electrónica destinada ás secretarías (á que se anexará o arquivo .doc e unha foto do autor ou autora) especificaranse claramente o nome ou nomes dos autores e a institución á que pertenzan.