XV Xornada Realiter – Faro 2019

XV Xornada Científica REALITER

Terminoloxía e mediación lingüística: métodos, prácticas e actividades

 

A comunicación dos saberes, das prácticas e das perspectivas sobre o mundo no actual contexto de mobilidade internacional fai xurdir novas necesidades e impón actividades de mediación lingüística e comunicativa para as que o papel da terminoloxía é prioritario. Tamén o aparente acceso libre ao coñecemento e as necesarias estratexias socioeconómicas e culturais de empresas, institucións, países e organizacións supranacionais xustifican a reflexión verbo da terminoloxía como condición central en toda mediación lingüística e comunicativa.

A XV Xornada Científica da rede REALITER pretende explorar as funcións da terminoloxía na mediación lingüística e comunicativa dos saberes, dos coñecementos e das prácticas profesionais. Enténdese por mediación o proceso complexo de construción e/ou deconstrución que, pola verbalización, transforma conceptos en unidades lingüísticas/discursivas ou que, pola adaptación da verbalización existente, permite o acceso a esas unidades a públicos diferenciados e contextualmente regulados (na mesma lingua ou en linguas diferentes). Sen ningunha limitación teórica ou epistemolóxica, o concepto de mediación debe ser entendido na súa máis ampla multidimensionalidade (de Aristóteles a Vygotsky e Gagnepain, entre outros).

 

Programa Xornada Faro 2019