Actualidade

A XVII Xornada Científica virtual de REALITE “A terminoloxía na dimensión social da comunicación” (Beyrouth, Lebanese American University, 7 de outubro de 2021; Porto Alegre, Universidade Federal do Rio Grande do Sul, 8 de outubro de 2021) proponse investigar as relacións entre a terminoloxía e a dimensión social da comunicación poñendo en cuestión todos os fenómenos deste choque na transferencia de coñecementos en perspectiva intra- e interlingüística, máis aló do texto/contexto especializado.

Ata o 15 de xuño de 2021 – recepción das propostas.